Bandas de música populares en Galicia. Resumo da tese doutoral sobre o caso da Comarca do Deza (Pontevedra)
Tesis doctoral
Resumen
A comarca do Deza correspóndese cunha bisbarra pontevedresa que conta cun total de nove bandas de música en poboacións de distintas características. A partir desta realidade, xorde a necesidade de deseñar unhas liñas de investigación que posibiliten verificar e dar respostas a cuestións e hipóteses relacionadas co estudo bandístico. En xeral, a tese está repartida en tres partes onde se aplican diferentes estratexias metodolóxicas: a primeira delas, e máis breve, preséntase como unha aproximación cara o obxecto de estudo en termos xerais; xa na segunda parte, establécese un percorrido histórico e global para a bandas dezás que fixa en tres as etapas que o xustifican; finalmente, a terceira parte ofrece unha perspectiva das bandas dende o traballo de campo levado a cabo en datas recentes. Para poder abarcar as diferentes perspectivas que recolle o índice, será necesario deseñar diferentes procedementos que permitan aproveitar a variedade de fontes coas que se quixo contar, tanto materiais como persoais. A observación como participante, a recollida de enquisas e a realización de entrevistas persoais son técnicas que enriquecen indagacións máis correntes como pode ser a consulta arquivística. Así pois, as conclusións xirarán arredor de consideracións a nivel zonal e a aspectos diferenciais entre as agrupacións, a pesar da proximidade entre elas.
Institución: Universidad de Vigo
Director: Luis Costa Vázquez
Fecha defensa: 20 de julio de 2017